martes, 4 de abril de 2017

OS XOGOS ONLINE: EXITE OUTRAS ALTERNATIVAS DE LECER?

Internet posibilita estar en contacto con xente de todo o mundo, isto fai que poidamos ser "amigos " de xente que nunca coñeceremos físicamente.
Na actualidade son moitos os rapaces que xogan a videoxogos usando internet, os chamados xogos on-line. Esta opción é moi atraínte pois permíteche competir con xente de moi bo nivel, permíteche xogar a calquera hora (sempre vas atopar outra xente conectada que queira xogar). En principio parecen que son todo vantaxes, pero non é así.
Dentrás das relacións on-line (a través de xogos) pódense esconder xente adulta querendo gañar a confianza d@s rapaces/rapazas con prentensión pouco éticas.
Outro perigo importante son os xogos on-line onde se pode apostar. Todos os estudos indican un aumento entre os menores de idade neste ámbito. Existen centros de reeducación para a xente adicta aos xogos por internet.

Cabe destacar que moitas empresas utilizan os xogos on-line gratuítos para, mediante publicidade , chegar ao menores de idade. Nun xornal de tirada nacional atopamos esta reportaxe publicidade nos xogos.
Moi importane á hora de mercar un xogo é ter en conta se é adecuado para a idade do nen@, os xogos deben ter sempre un código que se chama Pegi onde especifica para que idade é adecuado o xogo.Aquí vemos unha pequena explicación CÓDIGO PEGI
Recomendacións que debemos ter para xogar de maneira segura os vemos neste enlace do ministerio chavales na rede

Existe alternativa aos xogos on-line? Coido que esta pregunta ten unha resposta sinxela : SI.
Hoxe en día en case todos os concellos son organizadas ludotecas, campamentos etc
O deporte como alternativa aos xogos on-line é das mellores opción pois ademais de ser bo para a saúde, permíteche relacionarte e socializar con outros compañeiros da túa mesma idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario