martes, 4 de abril de 2017

AS TIC: FACEMOS UN USO RESPONSABLE?

Hoxe en día, a internet está ao alcance de case todo o mundo. Isto ten moitas vantaxes: diversos programas permítennos estar en contacto con xente doutros continentes (ferramenta moi utilizada para aprender idiomas). Podemos visitar diferentes páxinas que nos permiten coñecer cousas que hai non moito tempo era imposible.
A internet é unha ferramenta moi potente pero, á vez que ten moitas vantaxes, implica moitos perigos por unha mala utilización da mesma.
Na seguinte ligazón vemos de maneira moi detallada distintas situacións dun uso non correcto das novas tecnoloxías. concetar en igualdade.
 A internet permíteme (algo moi vantaxoso) ver distintos vídeos onde nos amosan os perigos e nos forman para facermos un uso responsable, por exemplo: MINISTERIO DE COLOMBIA  ou este outro vídeo Uso responsable de internet: Ciudadanía de Internet
Moitos son os pais/nais que están moi preocupados sobre o uso das TIC en idades temperás. Neste enlace obtemos información que pode axudar a tomar algunha decisión sobre ese tema CRIANZA TECNOLÓXICA
Se recurrimos á UNED vemos esta páxina UNICEF.
A consecuencia que sacamos os membro do grupo é que pasamos moitas horas conenctados ás novas tecnoloxías, o que provoca unha baixada no noso rendemento académico e unha menor socialización con compañeiros. Situacións como: estar nun bar tomando algo e en vez de falar co que tes ao lado o que facemos é whassapear con xente que non está nese momento no bar.
As novas tecnoloxías crean unha dependencia, especialmente o whassap

Ningún comentario:

Publicar un comentario