martes, 4 de abril de 2017

COMERCIO ELECTRÓNICO: É SEGURO?

O comercio electrónico está crecendo de maneira exponencial, son moitos os informes que fan pensar que nun futuro non moi distante a xente mercará case todo por internet. Exemplos importantes son os bancos, que, segundo as súas estimacións, non próximos 20 anos eliminarán o 90% das súas oficinas.
Un estudo do INE mostra os seguintes resultados sobre empresas de máis de 10 empregados o uso de comercio electrónico
Neste outro enlace podemos recabar información sobre o uso das TIC e do comercio electrónico nos fogares TIC e comercio electrónico nos fogares
Todo avance ten os seus inconvenientes: así podemos ver algunhas vantaxes e inconvenientes do uso do comercio electrónico vantaxes e desvantaxes do comercio electrónico.
Como xa comentamos antes, na actualidade son moitos os produtos que se mercan por internet (viaxes, roupa que non a atopamos onde vivimos, comida...), cabe preguntarse se é seguro esta forma de mercar. En seguridade pública dannos algúns consello para facer máis seguro o proceso de mercar por internet. CONSELLOS PARA MERCAR POR INTERNET.
A utilización de internet para mercar cousas ou facer calquera consulta implica unha transmision de información privada. Que fan con esos datos?. Neste enlace podemos ver algúns exemplos a onde van os nosos dato
Non queremos rematar este punto sen recalcar que toda preeución á hora de mercar por internet é pouca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario